O terceiro dos arrestados queda en liberdade baixo fianza á espera de xuízo.
O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Grande-Marlaska decretou na tarde deste martes prisión incondicional para os dous mozos detidos o pasado venres en Portosín, Santiago Vigo e Xosé Manuel Sánchez, cando portaban nun vehículo un artefacto explosivo. Pola súa parte, o maxistrado deixou en liberdade baixo fianza ao terceiro detido, Adrián Ponte, propietario do automóbil. O mozo ten que abonar 6.000 euros para eludir a cadea.
A Audiencia Nacional aponlles aos dous primeiros mozos un delito de pertenza a organización terrorista, outro de tenza de explosivos e un terceiro de conspiración para cometer estragos. Os tres rapaces, de idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, negaron que pertenceran á organización Resistencia Galega tal e como afirmaba a acusación.