Despois dos polémicos calendarios das azafatas de Ryanair espidas, os cregos do Vaticano... chegan os deportistas de Oleiros.
Os remeiros do Perillo tamén están na onda dos calendarios, e, para recadar fondos para ampliar o seu equipamento, espíronse e fixeron unhas fotografías das artísticas.
Esta ano a cousa estase poñendo de moda, e cadaquén escolle a súa propia causa. Vale espirse para recadar fondos contra o maltrato dos animais, para poñerlle un tellado á igrexa da parroquia, para asfaltar a pista que che chega á porta da casa...
Ao parecer, neste calendario posan todos, en actitudes "deportivas", arredor das súas embarcacións.