Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBSERVATORIO GALEGO DA BIODIVERSIDADE

Un organismo público que velará pola protección das especies

A oficina que aprobou a Xunta elaborará informes para priorizar plans de recuperación dos animais e vexetais máis ameazados.

Redacción - 18:05 13/12/2007

A Xunta contará co Observatorio Galego da Biodiversidade, un órgano de asesoramento que analizará a evolución das especies en perigo de extinción. O observatorio decidirá cales dos animais e vexetais deben formar parte do Catálogo de Especies Ameazadas.

O Goberno aprobou esta quinta feira o decreto de creación do observatorio a proposta da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. O ente tamén emitirá informes relacionados coa conservación e protección da biodiversidade en Galiza, para priorizar plans de recuperación de especies segundo o seu grao de conservación.

Formarán parte do órgano especialistas de recoñecido prestixio no estudo e investigación de especies e representantes da Administración. Reunirase, cando menos, unha vez ao ano en sesión ordinaria, e poderá crear grupos de traballo para a realización de estudos sobre a materia.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: