A Federación Ecoloxista Galega (FEG), con motivo da celebración do Día da Biodiversidade (29 de decembro), demanda da Consellería de Medio Ambiente un compromiso decidido coa aplicación da Estratexia galega para a conservación e o uso sostíbel da biodiversidade. Esta Estratexia corre o serio risco de ficar no papel e de ser utilizada só con finalidade propagandística, como acontece coa Estratexia Galega de Educación Ambiental, tamén impulsada no seu día desde a Consellería de Medio Ambiente. Máis información no canal Verde.
.