Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O próximo será un "ano crucial" para o sector

Consenso na rebaixa das taxas para estimular o transporte público

O empresariado, a través da Comisión de Transporte Metropolitano, coincide en que o abaratamento dos billetes incrementará o número de viaxeiros.

Redacción - 09:00 11/12/2007

Até un 35% máis de pasaxeiros tería o transporte público en Galiza se consigue despregarse o conxunto de iniciativas propostas este luns pola Comisión de Transporte Metropolitano de Galiza, integrada na Federación Galega de Servizos de Transporte de Autobús, Fegabus. A proposta do organismo baséase en tres puntos: abaratar os billetes, incrementar a información aos cidadáns e consolidar as áreas metropolitanas. Nese contexto, consideran que podería pasarse en pouco tempo da actual cifra de 20 millóns de usuarios ao ano até 26 millóns de pasaxeiros.

Con todo, o sector manexa previsións de rebaixa de entre o 25% e o 30%, por baixo da estratexia que deseña a propia Xunta. Así, Política Territorial consideraría a posibilidade de que o descenso nas tarifas chegase até o 40% nalgúns casos. O empresariado conta con que Goberno e municipios asuman importantes inxeccións económicas para o financiamento deses recortes no billete. Hai coincidencia tamén na necesidade da creación de redes de transportes que funcionen de xeito fluído en cada área metropolitana, para que o usuario se desprace "até onde necesite e sen ter que encadear o pago sucesivo de varios billetes". Segundo as cifras achegadas este luns por Carlos Botas, representante da Comisión, o investimento necesario sería de arredor de 2 millóns de euros desde os concellos e 10,4 millóns de euros por parte da Xunta, como media, un gasto de arredor de 18 euros por usuario e ano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: