Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATENTADO

Un garda civil morto e outro ferido grave nunha operación contra ETA

É a primeira morte que se produce dende o remate da tregua da banda.

Redacción - 13:05 01/12/2007

Un garda civil, Raúl Centeno, morreu e outro, Fernando Trapero, quedou ferido de gravidade nun atentado que se produciu o sábado á mañá en Capbreton (As Landas). Os axentes participaban nun dispositivo de vixilancia a ETA xunto a policías e servizos de información franceses.

O atentado aconteceu ás nove e media da mañá diante dun centro comercial da localidade. Segundo fontes policiais, os dous gardas civís ían desarmados e foron tiroteados por detrás cando saían dun bar a coller un automóbil. Un grupo de persoas, supostamente membros de ETA, foron os autores dos disparos, que mataron no acto un dos gardas civís. O outro foi trasladado a un hospital da veciña cidade de Baiona.

A Policía anda detrás da pista dos presuntos autores dos disparos, dous homes e unha muller. Trátase da primeira morte nun atentado despois de que ETA rompese a tregua.


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: