Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Reaccións do 'lehendakari'

Ibarretxe di que a ETA "non impedirá que os vascos fagan o seu camiño"

"Non estamos dispostos a permitir unha volta atrás, aos atentados contra a vida", afirma o presidente do goberno vasco.

Redacción - 17:29 09/10/2007
Juan José Ibarretxe

Juan José Ibarretxe

O lehendakari, Juan Jose Ibarretxe, afirmou este martes que a ETA "cruzou a raia cara a ningunha parte" ao atentar, de novo, contra persoas, e advertiu de que non impedirá que a sociedade vasca "faga o seu camiño".

Ibarretxe, que se atopa de visita en Santiago de Chile para participar nun encontro do Foro de Biarritz, sinalou que o atentado contra o escolta privado "supón un punto de inflexión" porque é "abrir un camiño, de novo, de atentar contra as persoas".

"Isto é absolutamente inaceptable, produce noxo na sociedade vasca porque outra vez a ETA nos quere devolver a ese pasado destrutivo no que se atenta contra os bens, a vida, e persoas inocentes, que non causaron ningún problema á sociedade, senón, ao revés, que, como neste caso, estaba traballando para preservar os dereitos fundamentais das persoas", engadiu.

Por iso, dixo que "este punto de inflexión a ningunha parte non vai ocasionar, de ningún xeito, que, coa súa actitude, a ETA vaia impedir que o pobo vasco faga o seu camiño". "O pobo vasco fará o seu camiño, un camiño que rexeitará profundamente a violencia da ETA. Non estamos dispostos a permitir unha volta atrás, aos atentados e atentar contra a vida", engadiu.

Azkarate increpa a Batasuna
Pola súa banda, a portavoz do goberno vasco, Miren Azkarate, transmitiulle ao escolta ferido a solidariedade do Executivo.

Ademais, emprazou a Batasuna a manifestar "que é o que ten que dicir" tras o atentado, e a explicar se pensa que "desta forma imos facer política, que desta forma se actúa en democracia, se esta é a idea que ten Batasuna da resposta que hai que dar e de como imos organizar a convivencia entre os vascos"

Asemade, recriminoulle a Batasuna que "se estaban queixando da vulneración dos seus dereitos, mais o primeiro dos dereitos é o dereito á vida".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: