O departamento vasco de Interior confirmou que a explosión produciuse preto da zona vella bilbaína e que se trataba dunha bomba colocada nos baixos do coche.
Gabriel Giner, escolta de Juan Carlos Domingo, concelleiro socialista en Galdakao, quedou ferido na mañá deste martes ao estoupar un artefacto colocado no coche. Nun primeiro momento comunicouse a súa morte, malia que o Ministerio de Interior acaba de desmentilo, informando de que permanece ferido grave.
Segundo os primeiros datos de que se dispón, o concelleiro que protexía Gabriel Giner non estaba no vehículo e o único ferido do que se ten noticia de momento é o propio gardacostas. Pasadas as 14h, o Ministerio de Interior confirmou que o ataque atribúeselle á ETA. Na mañá deste mesmo martes, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, recoñecera que se estremaran as medidas de seguridade esta semana diante do temor de que a ETA estaría preparando un ataque en Madrid coincidindo co festivo do próximo venres 12.
Recomendámoslles ampliar na EiTB24 onde poden escoitar testemuños do acontecido. Tamén na prensa vasca: El Correo, Diario Vasco e Deia.