Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ante as presións do goberno chinés

O Dalai Lama anuncia un referendo para elixir o seu sucesor

"Se a xente sente que a institución do Dalai Lama segue a ser necesaria, seguirá vixente", manifestou o líder político e espiritual dos tibetanos.

Redacción - 11:15 28/11/2007
A 'reencarnación' semella xa non ser máis unha opción para a designación do líder dos budistas

A 'reencarnación' semella xa non ser máis unha opción para a designación do líder dos budistas

O Dalai Lama anunciou que convocará un referendo antes de morrer para que os habitantes do Tíbet poidan elixir ao próximo líder budista.

"Se a xente sente que a institución do Dalai Lama segue a ser necesaria, seguirá vixente", dixo á prensa na cidade india de Amritsar, onde se desenvolve unha reunión de líderes relixiosos de todo o mundo.

"Cando o meu estado psíquico torne feble, entón as preparacións serias (dun referendo) deberán ocorrer", engadiu. Neste senso, sinalou que na votación estarán incluídos todos aqueles que estean interesados no budismo tibetano ao longo da liña do Himalaia e tamén en Mongolia.

Esta situación vén provocada polas presións de China, que hai pouco dixo que é Pequín quen debe ratificar todas as designacións de lama. Os tibetanos temen que cando morra o Dalai actual, de 72 anos, o Goberno central designe pola forza un líder pro-chinés.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: