Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
baixo o amparo da figura de PIN (Projeto de Interese Nacional)

Acción conxunta Galego-Portuguesa na defensa da Rede Natura

O pasado 24 de novembro activistas galegos e portugueses de ADEGA e a Quercus realizamos unha acción de protesta conxunta ante a desfeita ambiental provocada pola construcción dunha macroplanta acuícola de Pescanova en Praia de Mira (Distrito de Coimbra). Na visita organizada polos compañeiros ecoloxistas da Quercus comprobamos o grave impacto ambiental consistente no aterramento dunha enorme estrada en zona de duna vexetada con piñeiros así como a destrucción de 80 hectáreas de piñeiral sobre campo areoso, en plena Rede Natura.

ADEGA - 19:45 26/11/2007
Tags:

Por se isto fora pouco, vimos de coñecer que este proxecto leva apegada a construcción de varios "aldeamentos turísticos" en zonas naturais protexidas pola Rede Natura 2000, baixo o amparo da figura de PIN (Projeto de Interese Nacional). Eis a fórmula para tentar saltarse a lexislación comunitaria e portuguesa de protección ambiental.

O megaproxecto da Pescanova para Mira baséase unicamente en tirar o maior beneficio económico posible sen importar consideracións de interese público ou ambiental. As empresas que promoven a acuicultura industrial, tanto en Galiza como en Portugal, tentan por todos os medios evitar facer fronte ás súas responsabilidades ambientais sob o pretexto da criazón de postos de traballo. Sres. de Pescanova e Stolt: non todo vale para lucrarse co noso patrimonio natural!.

ADEGA e a Quercus insisten en que este tipo de iniciativas depredadoras constitúen pan para hoxe e fame para mañán. En Portugal esta é a primeira macropiscifactoría que se constrúe polo que aínda non sufriron os impactos negativos da acuicultura insustentábel que padecemos dende hai anos na Galiza. ADEGA vai seguir apoiando e asesorando aos compañeiros/as portugueses na súa loita -que é a nosa- contra a depredación dos nosos recursos naturais.

Por certo, que na Galiza os impactos destas instalacións industriais hai que multiplicalos polas 26 plantas que promove a Xunta co seu plano acuícola.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: