"As persoas e os modelos asociativos na emigración" é o título das xornadas que contarán coa participación de destacados especialistas.
Desde o asociacionismo en Cuba e as relacións entre a masonería e a emigración galega na illa caribeña, até o asociacionismo galego en Catalunya, pasando polo de Salvador de Baía e do Uruguai, ou da loitadora antifranquista galega Mercedes Núñez Targa, serán algúns dos temas que se tratarán nas oito conferencias organizadas no Centro Galego de Barcelona.
As xornadas están organizadas polo historiador Manoel Carrete, investigador da historia do Centro Galego e sobre o cal publicará a principios de 2008 un libro titulado Máis que nós, ninguén, lema bordado por socias do centro nun tapiz hai máis de cincuenta anos.
Xornadas sobre a diáspora galega: as persoas e os modelos asociativos na emigración
MARTES 20 NOVEMBRO
16:00 h: "O asociacionismo en Cuba: algúns exemplos destacados". Teresa García Domínguez (Licenciada en Xeografía e Historia pola USC).
18:30 h: "A masonería e a emigración galega na Cuba do s.XIX". Alberto Fernández Valín (Profesor da facultade de historia de Ourense).
MÉRCORES 21 NOVEMBRO
16:00 h: "O asociacionismo galego en Salvador de Bahía: mutualidade e beneficencia". Emilia García López (Licenciada en Xeografía e Historia pola USC)
18:30 h: "A man de obra española durante a construcción da canle de Panamá". Carolina García Borrazás (Licenciada en Ciencias da Educación pola USC)
XOVES 22 NOVEMBRO
16:00 h: "As asociacións de inmigrantes en Uruguai". Pilar Cagiao Vila (Profesora da facultade de historia da USC)
18:30 h: "A emigración galega: pasado, presente e futuro". Carlos Sixirei Paredes (Director das comunidades e centros galegos no exterior)
VENRES 23 NOVEMBRO
16:00 h: "O asociacionismo galego en Catalunya: 1888-2007". Manoel Carrete Rivera (Licenciado en Dereito e Historia pola UB)
18:30 h: "Mercedes Núñez Targa, loitadora antifranquista". Pablo Iglesias Núñez. Delegado de Galicia del Amical de Mauthausen.
Centro Galego de Barcelona
Rambla Caputxins, 35-37 | 08002 Barcelona