Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
36 vivendas protexidas no Centro Histórico

Máis de 400 peticións de aluguer para o barrio lucense da Tinería

Este mes será o sorteo entre os solicitantes (menores de 35 anos, con ingresos inferiores a 1.700 euros mensuais), segundo anunciou a conselleira de Vivenda este xoves en Lugo.

Redacción - 09:45 18/11/2007
Teresa Táboas visitou este xoves en Lugo a exposición 'Recuperando a Tinería'

Teresa Táboas visitou este xoves en Lugo a exposición 'Recuperando a Tinería'

A Consellaría de Vivenda e Solo recibiu un total de 410 solicitudes para as primeiras 36 vivendas protexidas en aluguer, rehabilitadas no barrio da Tinería no Centro Histórico de Lugo.

No entanto, a cifra que non é definitiva xa que aínda pode chegar algunha petición feita dentro de prazo e presentada nos portelos únicos da Administración.

A conselleira, Teresa Táboas, que este xoves visitou en Lugo a exposición Rehabilitando a Tinería, explicou que o sorteo entre os alugueiros -mozos menores de 35 anos, con ou sen fillos, cuns ingresos ponderados que non superen os 1.700 euros mensuais- organizarase este mes ante notario.

Os contratos estarán asinados no primeiro trimestre de 2008, data en que os primeiros inquilinos ocuparán as 36 vivendas rehabilitadas.

Estas contan con entre un e catro dormitorios, e o prezo do aluguer que oscilará entre os 70 e os 250 euros mensuais, en función do número de dormitorios e do nivel de renda dos adxudicatarios.


4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: