Ao redor de 200 persoas maniféstanse contra o AVE por Serrabal e contra o Plan de Acuicultura.
A reunión do Consello da Xunta deste xoves en Muxía tívose que enfrontar ás protestas convocadas por diversos sectores que aproveitaron o encontro para expresar as súas reivindicacións.
Así, fronte ao edificio consistorial, situado no paseo marítimo da localidade fisterrá, unhas 200 persoas concentráronse para proclamar con pancartas e consignas o seu rexeitamento, entre outros, ao Plan de Acuicultura da Xunta e ao trazado do AVE ao seu paso pola mina de Serrabal.
Durante o tempo que se prolongou a reunión do Consello, os manifestantes reiteraron os seus consignas de protesta entre os que corearon 'Plan de Acuicultura, todo unha basura', 'Gallego dimisión', en referencia á conselleira de Pesca, ou 'A terra galega, non é de Noruega'.
Pola súa banda, os manifestantes que se congregaron motivados polo paso do AVE pola canteira de Boqueixón, denunciaron nunha das súas faixas que 'Touriño quere facer unha nova zona cero, cero industria, cero emprego... cambio de trazado xa na mina de Serrabal'.
Ao longo de toda a mañá púidose ver en Muxía un importante despregamento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.