Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
DIANTE DO SERVIZO GALEGO DE IGUALDADE

O Concello de Ferrol denuncia unha publicación que debuxou á tenente de alcalde en roupa interior

Colectivos feministas consideran que a viñeta e o editorial do mensual 'Ferrol Hoy' é fondamente misóxina.

Redacción - 19:35 13/11/2007

No Concello de Ferrol non están dispostos a pasar por alto a publicación dunha viñeta na que a protagonista é a tenente de alcalde, Iolanda Díaz (EU). Dende o departamento da Muller entenden que a publicación 'Ferrol Hoy' trata á tenente de alcaldesa como unha “muller-obxecto” e con evidente “misoxinia”.

A viñeta, obra de Julio Ferrín y Centeno, debuxa a Iolanda Díaz en roupa interior. Logo, a modo de deseños recortábeis e baixo o título de “Iolanda, vístea ti mesmo” propón diferentes modelos: “Iolanda drag queen”, “Iolanda revolucionaria”...Mais a publicación vai tamén acompañada dunha editorial na que se lanzan supostas mensaxes “machistas”.

Este xornal púxose en contacto coa propia Iolanda Díaz. A tenente de alcalde asegurou estar molesta coa mensaxe que transmite a publicación: “Parece que para ser política hai que empregar escote”. A pesar de que a propia afectada considera que é fondamente “machista” o tratamento que se fai da súa figura, subliñou que non quixo denunciar persoalmente o feito para non darlle “publicidade gratuíta”. Porén, di que a idea de trasladar o ocorrido ao Servizo Galego de Igualdade e ao Instituto da Muller partíu de colectivos feministas da cidade, que consideran intolerábel o sucedido.


4/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: