Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
REUS, DO 16 AO 23 DE NOVEMBRO

Xan Leira, Marcos Nine, Xosé Zapata e Marcos Gallego no Memorimage 07

O barco da memoria, a revolución do gallego Soto na Patagonia e Díaz-Noriega, pai do cinema amateur en Galiza.

Redacción - 21:00 12/11/2007

Nesta segunda edición do Memorimage, o festival especializado en filmes de hoxe con imaxes de onte, medra a presenza galega. Xoán Leira, que xa fora seleccionado o ano pasado, volve a esta segunda edición cun filme sobre o sindicalista Antonio Soto Canaleja, líder das folgas rurais na Patagonia nos anos 20. Xosé Zapata presenta O alquimista, documetal que se presentou tamén no Festival de Cinema de Girona do pasado outubro. Así mesmo cómpre salientar tamén a participación de Xosé Garrido como responsable da fotografía no filme Operación Úrsula (2006), de José Antonio Hergueta, sobre o afundimento do submarino C-3 durante a guerra civil.

Pensando en soedade (2006)
Dir. Marcos Nine
Cóntase a vida de José Ernesto Díaz-Noriega, un cineasta desafortunado que chegou a Galiza nos anos 50 e rodou, como afeccionado, pequenas películas nun contexto audiovisual desértico.
Domingo 18 de novembro ás 13:00 na Sala Santa Llúcia - 50 min. VOGalego

O alquimista (2006)
Dir. Xosé Zapata
Un coidado labor de pescuda nos arquivos cinematográficos públicos e privados de diversos países, pon de manifesto a colaboración entre o goberno de Franco e o III Reich alemán, rescatando imaxes insólitas desta cooperación. Domingo 18 de novembro ás 14:00 na Sala Santa Llúcia - 35 min. VOGalego

Patagonia. Utopía libertaria (2006)
Dir. Xan Leira
Antonio Soto, máis coñecido como gallego Soto, liderou as folgas rurais da Patagonia dos anos 20. A oligarquía anglo-arxentina que gobernaba naqueles momentos considerou a súa loita como unha provocación.
Martes 20 de novembro ás 20:30 na Sala Santa Llúcia - 57 min. VOGalego subtitulada

O barco da memoria (2006)
Dir. Marcos Gallego
Nunha viaxe por diversos lugares da costa galega que sufriron as barbaridades do golpe de 1936. Neste periplo pola memoria colectiva, encontramos algúns personaxes que fan a súa viaxe polo súa memoria daqueles días.
Venres 23 de novembro ás 13:00 no Centre de la Imatge Mas Iglesias – 58 min. VOGalego subtitulada
Proxección e comentario incluído no Seminario Creación da memoria.

J.E.D.N. (2006)
Dir. Marcos Nine
A vida de José Ernesto Díaz-Noriega.
Martes 20 de novembro ás 10:00 no Centre d’Art Cal Massó – 35 min. VOGalego
Proxección e comentario incluído no Seminario Creación da memoria.


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: