Compiten na sección oficial: Xosé Zapata, Alejandro Marzoa, Javier Veiga, e Xosé González Varela.
Cada vez é maior a presenza dos directores e das produtoras galegas nos festivais de curtametraxes. A edición do Festival de Cinema de Girona 2007 é unha boa mostra do despegue creativo do audiovisual galego no documental, a ficción, a creación e a animación. Aquí podedes coñecer a selección "galega" do festival.
Xoves 18 de outubro de 2007
Casa de Cultura , Sala C ás 18:00
Sección: Documental
"O alquimista", director Xosé Zapata. 35 minutos (producida por Ignacio Benedeti Cinema, A Coruña, 2006)
Un documental sobre a colaboración entre o franquismo e os nazis, un aspecto da historia recente que non conta con demasiada información audiovisual. O documental emitiuse a primavera pasada no programa DOCs de Barcelona TV e forma parte dos extras dunha colección de dvds sobre Leni Riefenstahl.
Venres 19 de outubro de 2007
Cinemes Albèniz Plaça, Sala 11 ás 20:30
"Sálvame", director Javier Veiga. 19 minutos (producida por Madrugada Films e Animal Films, 2007)
Manuel é un home tan só que convive con dúas soidades. A soidade persoal e a do artista. E nestas chegou Ela… Premio á mellor curtametraxe cinematográfica en Medina del Campo. O cómico do Grove, Javier Veiga, estréase como director nesta historia da que tamén é o protagonista.
Cinemes Albèniz Plaça, Sala 11 ás 22:30
Sección: Ficció en 35 mm.
"Temporada 92-93", director Alejandro Marzoa. 12 minutos (Barcelona, Escándalo Films, 2006)
É o día do aniversrio do teu fillo, quedan dez minutos para que remate a liga e o seu equipo, o Celta, está a piques de baixar a segunda... O único que che resta é quedar pegado á radio e que alguén que sofre tanto coma ti non te abandone. Coa intervención dos actores Carlos Blanco e Miguel de Lira, que levaron o premio á mellor interpretación masculina no Festival de Cinema Independente d'Elx e á mellor dirección, de Alejandro Marzoa, entre outros galardóns en diferentes certames. Marzoa é un vigués que vive en Barcelona.
Sábado 20 de outubro de 2007
Casa de Cultura, Sala B ás 16:00
Sección: Creación
"Lalínea", director Xosé González Varela. 7 minutos (2006)
Videocreación sobre a imaxe e os seus misterios e o abismo da conciencia que se basea en Tarkovski e Cocteau.
Casa de Cultura, Sala B ás 17:30
Sección: Animación
"El ataque de los Kriters asesinos", director Samuel Orti. 10 minutos (Animación, plastilina, producida, entre outras, por Ignacio Benedeti Cinema, A Coruña, 2006 )
Diante da inminente visita da sogra, Luísa debátese entre limpar a casa ou mirar unha maratón da súa serie preferida. Unha comedia corrosiva.