Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sumaban 110 días de encerro

Os veciños deixan o Concello: remata o peche pero non a batalla fronte a Reganosa

Unha representación dos veciños irá a Bruxelas nos próximos días, para esixir que as autoridades europeas traten o conflito.

Redacción - 10:00 11/11/2007

Masiva participación este sábado na asemblea aberta que se celebrou na Casa do Concello de Mugardos. Aló, decidiuse dar por finalizado o peche protesta iniciado o pasado mes de xullo. Foron 110 días os que un grupo de veciños da parroquia de Mehá permaneceron neste encerro voluntario en protesta pola construción dunha regasificadora á porta das súas casas.



Será apenas un punto de inflexión nas protestas, segundo explican desde o colectivo veciñal, xa que as actividades e mobilizacións continuarán. "Políticos e gobernos falláronlle ao pobo", laiábase a voceira do colectivo O Cruceiro, Luz Marina Torrente.



Unha prioridade inmediata será a elaboración do recurso contra a autorización outorgada esta semana polo goberno español a Reganosa. Por outro lado, os veciños irán este mércores 28 a Bruxelas, convidados por Esquerda Unida. Aló, esta formación política anunciou a presentación dunha pregunta á Comisión Europea, onde se advirte de que "polas súas características e pola súa situación" a planta de Reganosa na ría ferrolá "pode supoñer un gravísimo risco para a vida na zona, para a riqueza pesqueira da ría e para os postos de traballo que do mar dependen".


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Nesta pancarta, que ardeu hai uns días, os veciños ían sumando os días de peche
Nesta pancarta, que ardeu hai uns días, os veciños ían sumando os días de peche