Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LEI DE CONSERVACIÓN DE DATOS

Os móbiles de tarxeta deixan de ser anónimos

Entra en vigor unha norma estatal que obriga as compañías de telecomunicacións a gardar os datos de todas as persoas que efectúan chamadas e dos destinatarios das mesmas.

Redacción - 13:02 07/11/2007

Dende este mércores, os teléfonos móbiles que se adquiran na modalidade de tarxeta prepago xa non serán anónimo. A Lei de Conservación de Datos aprobada polo Congreso dos Deputados obriga aos operadores a conservar os datos identificadores das persoas, ademais da orixe e destino de todas as súas comunicacións, durante un ano, aínda que non o contido desas chamadas.

A Policía poderá ter acceso a todos eses datos para efectuar investigacións, polo que os operadores están obrigados a facilitarllos, "sen prexuízo da resolución xudicial". A norma, aprobada o 4 de outubro, pretende mellorar os instrumentos dos que dispoñen as forzas de seguridade para investigaren delitos, aínda que tamén supón un recorte da privacidade dos usuarios de telefonía móbil.

Agora, as empresas de telefonía móbil teñen un prazo de dous anos para identificar todos os usuarios de números de tarxeta prepago. Despois dese tempo, os números sen titular coñecido serán desactivados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: