Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Breve tregua cara á fin das carreiras duplicadas

Adíase a guerra das universidades polas titulacións

Ás tres institucións do país tócalles ser capaces de poñérense de acordo para axustar o novo mapa universitario. Educación dáse prazo até 2011 para mediar na batalla.

Redacción - 09:00 07/11/2007

A mesma en Santiago, Vigo e A Coruña. Cada unha das tres institucións ten equipos docentes para impartir a Licenciatura de Bioloxía. Economía aparece tamén por triplicado. Enfermaría ou Maxisterio son casos máis estremos: non só están en cada unha das tres universidades, senón incluso en cada un dos diversos campus. Por exemplo, a especialidade de Mestre en Educación Primaria pode cursarse na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Vigo e Pontevedra.

Máis revirado foi o tirapuxa ao respecto de Comunicación Audiovisual, titulación á que aspiraban todas as universidades. Malia que a Facultade de Ciencias da Comunicación fixouse inicialmente en Santiago, onde se construíu un ambicioso edificio para acollela, o daquela goberno do PPdeG xa lle concedera Publicidade e Relacións Públicas, vencellada á mesma rama, ao campus de Pontevedra da Universidade de Vigo. Finalmente, e fronte á forte presión desde as tres cidades, Comunicación Audiovisual repartiuse en pedazos diversos para todas elas. Son algúns dos exemplos posíbeis.

En catro anos non deberan permanecer duplicacións
"O Consello Galego de Universidades non é partidario en xeral de duplicacións de titulacións actuais únicas no Sistema Universitario Galego, e aproveitará o proceso de converxencia ao Espazo Europeo de Ensino Superior apoiando as universidades do SUG para resolver cantas dificultades de transformación poidan xurdir, especialmente cando se trate de reducir duplicacións".

Na práctica tratarase dunha forte labor diplomática onde deberán repartir tallada para todos, rifando cos departamentos universitarios pero á vez coas propias presións locais a nivel de cada cidade que, no pasado, xa demostraron a súa capacidade de influencia á hora de conseguir que as demandas localistas se impuxeran sobre os criterios de eficacia.

Fronte ás batallas que se abren, o Consello xa deixa abertas portas para que o impacto sexa menor. Así, considera por exemplo a posibilidade de estabelecer itinerarios diferenciados para a mesma titulación que poidan servir para a xustificación das duplicacións. A outra carta que se reserva Educación para resolver os tirapuxas entre as tres universidades por quedar coas titulacións duplicadas é o troco destas por novas carreiras que non estean até o de agora no mapa universitario do país. O obxectivo é que como moi tarde en 2011 estea resolta a negociación. Así e todo, a batalla principal déixase para dentro de dous ou tres anos.

Mínimo de 25 alumnos e garantías de "viabilidade"
Alén das duplicacións, no común das titulacións unha media de alumnos de novo ingreso nos últimos tres anos que sexa superior aos 25 alumnos será tamén requirimento para a súa autorización. Así e todo, Educación promete flexibilidade no caso de títulos que estean por baixo aínda que preto desa cifra e tamén en carreiras de "ampla tradición" e que polas súas características puidesen non ser susceptíbeis de confluír nun título común con outras. En todo caso, esixirase un "plan de viabilidade" que contemple os medios axeitados e un "unha considerable capacidade docente e investigadora". As esixencias serán maiores para os novos títulos de grao, para os que se pide que unha previsión media de alumnos "que non pode ser inferior a 40".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: