Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Durante o campamento realizaranse inspeccións e roteiros polo río Tea, nos arredores de Ponteareas e Salvaterra do Miño.

Este fin de semana o Proxecto Ríos realiza a terceira xornada do campamento de voluntariado ambiental no río Tea.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadania o mantenemento e a mellora dos ríos proporcionanado as ferramentas que garantan a súa participación.

ADEGA - 18:12 19/10/2007
Tags:

Como novidade nesta campaña de outono en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, celebrarase durante os tres primeiros fins de semana do mes de outubro un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha análise e diagnose do estado de saúde dos treitos alto, medio e baixo do Tea empregando a metodoloxía do Proxecto Ríos. O voluntariado terá cubertos os gastos de desprezamento, aloxamento e manutención.

As saídas consisten en realizar roteiros polo río desenvolvendo e explicando ao grupo de participantes do Proxecto Ríos a metodoloxía e partes do programa. Na saída explicaranse de maneira didáctica os pasos a seguir para que o grupo de voluntarios poda logo desenvolver o programa autónomamente.

Cos datos recollidos neste campamento e os que se recollerán ao longo do mes en entrevistas a diferentes axentes sociais da comarca realizarase o Informe do Estado de Saúde do río Tea, informe que se presentará tanto ao Ministerio de Medio Ambiente, á Confederación Hidrográfica do Norte, Consellería de Medio Ambiente e outras entidades.

O fin de semana do 5 ao 7 de outubro realizamos o primeiro encontro no que percorremos o treito alto do río Tea, visitando as localidades de Maceira e Casteláns. Das inspeccións desta primeira quenda puidemos apuntar que aínda que o curso alto do Tea e os seus afluentes presentan boas condicións por ser unha zona agreste e pouco humanizada, atoparonse verquidos puntuais e un avance preocupante de especies invasoras, fundamentalmente eucaliptus acacias e ailanto.

Na segunda quenda (do 12 ao 14 de outubro), percorremos o treito medio do Tea, nos concellos de Mondariz e Mondariz Balneario. Constatouse un deterioro tanto na calidade das augas como do bosque de ribeira, así como unha presenza masiva de especies introducidas (eucalipto, ailanto, acacias e canas).

Durante esta fin de semana (venres 19 ao domingo 21) os 30 participantes do campamento aloxados no Albergue Alentea (Barcia de Mera) realizarán saídas e inspeccións no curso baixo do río Tea, nos arredores das vilas de Ponteareas e Salvaterra do Miño.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: