Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Caso de acoso laboral en Sevilla

Despedido por cumprir o contrato

Logo de comunicar a súa afiliación sindical e esixir os seus dereitos laborais, un traballador topou co despedimento por "motivos disciplinarios".

Redacción - 12:30 18/10/2007

O traballador A.G.C. comunicoulle á empresa que o tiña contratado, Vivirmedia / Alo curiose, que estaba afiliado á CNT, e comezou a cumprir co contrato que tiña estipulado, coa categoría laboral de auxiliar administrativo. O empregado realmente desempeñaba funcións e responsabilidades que esixían outra categoría, como a maquetación e o deseño da revista "Vivir con sabor".

Comezou entón unha campaña de acoso por parte da empresa, que rematou cun despedimento disciplinario, por "desobdiencia ás súas funcións". A CNT, perante a situación que padecía o empregado, que sufría o impago do seu salario mesmo durante máis de catro meses, púxose en contacto coa empresa para chegaren a un acordo.

Mais a directiva da mesma amosouse intransixente, e comezou a someter a insultos e vexacións ao traballador, non encargarlle tarefas e non notificarlle cambios de horario, polo cal se alegaron faltas e retrasos no seu posto de traballo, motivos disciplinarios que favoreceron o seu despedimento.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: