A variación durante os últimos doces meses da vivenda en Galiza sitúase no 6,5%, cifra sensiblemente menor ao 14% de crecemento dos doce meses anteriores. Ademais o incremento acumulado durante os nove primeiros meses do ano é do 4%.
Estes datos implican unha diminución no forte ritmo de crecemento de anos anteriores, confirmando o arrefriamento do mercado inmobiliario galego, e a hipótese de que a aterrízase dos prezos é paulatina e moderada. Ata tal punto que a vivenda sobe catro puntos por enriba do IPC galego que se situaba no 2,3% o finalizar o terceiro trimestre.
A suba é xeneralizada en todo o país, destacando os incrementos en Pontevedra e na Coruña dun 7,2% e 5,7% respectivamente; por encima do 4,6% de Lugo e o 2,4% de Ourense.
Prezos do metro cadrado O metro cadrado de vivenda mais caro encontrase, por termo medio, en Vigo; cun prezo de 2359 euros, seguido da Coruña e de Santiago de Compostela con 2131 e 1956 euros respectivamente. Pola contra é na capital onde se produce o maior incremento do prezo durante o último ano, en concreto o metro cadrado compostelán vale 564 euros mais; seguido dos concellos de Ribeira, Oleiros, Pontevedra, Culleredo ou Marín.