Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E ESCOLA

Educación publica axudas para potenciar o galego nos colexios concertados

Os centros interesados en sacar adiante plans de normalización recibirán asesoramento técnico e subvencións de até 3.000 euros.

Redacción - 11:01 14/10/2007

A consellaría vén de convocar, por primeira vez, unha liña de axudas destinada á implantación de accións que potencien o ensino do galego no segundo ciclo de Educación Infantil en centros privados concertados.

Os colexios poderán acollerse a estas subvencións sempre que impartan o ensino nesa etapa na lingua do país e que presenten un proxecto para potenciar o idioma propio. Os centros que cumpran os requisitos recibirán axudas económicas de até 3.000 euros así como asesoramento técnico.

Dende Educación subliñan que a iniciativa está en consonancia co Plan Xeral de Normalización e co decreto que regula o uso e promoción do galego no ensino.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: