 
 
Blas García afirma que os concelleiros seguen a actuar como representantes do Bloque a pesar do seu proceso de expulsión.
Cando xa vai para cinco meses das últimas eleccións municipais, o PSdeG-PSOE do Barbanza analizou a situación dos concelleiros que se presentaron nas listas do BNG en Muros e Porto do Son. Daquela, os edís nacionalistas foran expedientados por non ter apoiado a investidura de alcaldes socialistas, incumprindo o pacto entre as direccións das dúas formacións a nivel nacional.   
  O PSOE barbancés critica o feito de que os edís sigan a actuar como representantes do BNG nos seus respectivos concellos a pesar de teren abertos expedientes de expulsión da formación nacionalista e de estaren integrados no grupo municipal de non adscritos. O secretario comarcal do PSdeG, Blas García, acusou a executiva comarcal do Bloque de permisiva por lles dar cobertura aos concelleiros rebeldes, que mesmo chegan a usar as sedes do BNG para actos públicos. 
  Na actualidade, o que fora cabeza de lista do BNG en Muros, Domingos Dosil, é alcalde grazas ao  apoio do PP, que forma parte do executivo municipal. Mentres, en Porto do Son gobernan en minoría os populares. En ambos os casos, o BNG refusara apoiar a investidura como alcaldes dos candidatos socialistas.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto