Agardan que o Bloque reconsidere a súa intención de expulsalos por incumprir o pacto nacional.
O BNG non ten dende este venres representación formal nos municipios de Muros, Porto do Son e Corcubión. Os concelleiros destas tres localidades inscribíronse nas corporación como membros do grupo dos non adscritos. Cumpren así a orde cursada pola dirección nacional logo de que racharan o pacto co PSdeG.
Aínda que quedan provisionalmente desligados da formación frontista, os doce concelleiros elixidos nas listas do BNG agardan que a organización non leve a cabo a anunciada expulsión. Alegan que a situación política dos seus concellos era moi diferente a doutros lugares do país.
O histórico militante nacionalista e de novo alcalde de Corcubión, Rafael Mouzo, explicoulle a Europa Press que “acatan e asumen” a decisión pero agardan que se teñan en conta os seus argumentos: “Hai catro anos, os que fallaron foron os socialistas e non foron expulsados”