Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PRESENTACIÓN O DÍA 17 EN SANTIAGO

Sendeirismo con GPS en Ames

Os internautas poderán transferir información sobre rutas dende a web municipal aos seus trebellos.

Redacción - 09:50 14/10/2007
O proxecto mestura xeolocalización dixital e datos en papel

O proxecto mestura xeolocalización dixital e datos en papel

As empresas galegas Dimensiona e Dehistoria están a desenvolver un innovador proxecto para incorporar a tecnoloxía GPS ás rotas de sendeirismo no rural. Trátase de que os afeccionados as camiñatas poidan descubrir os recunchos máis agochados do entorno natural coa axuda da tecnoloxía de localización vía satélite.

Na fase inicial, o proxecto inclúe tres rutas de curta e media distancia no Concello de Ames. Os internautas poderán baixar e transferir aos seus GPS a información das rotas dende web municipal. Ademais, no portal poderanse imprimir instrucións en papel que complementan á xeolocalización dixital.

Seminario "Turismo e Novas Tecnoloxías"
A Consellería de Industria, que subvenciona a iniciativa, informa que o proxecto será presentado o próximo día 17 durante a celebración do Seminario "Turismo e Novas Tecnoloxías" que vai ter lugar no Pazo de Congresos de Santiago.

Polo de agora, pódense coñecer as rutas que estarán dispoñíbeis no proxecto, denominado "Desenvolvemento de rutas GPS para o turismo rural", na web do Concello de Ames.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: