Repasamos algúns dos blogs de Galiza e de Portugal que lle prestan unha atención especial ao aniversario da morte do Che Guevara.
Aproveitando o 40 cabodano da morte de Ernesto Che Guevara, os blogueiros do país escriben artigos na honra do guerrilleiro. É o caso de Caldelao de Caldelas, quen se centra nos actos que se desenvolven en Cuba na honra do Che, anunciados nos xornais Juventud Rebelde e Granma.
O Cartafol do Mandeo céntrase na parte poética e musical, lembrando os poemas e cancións que se lle dedicaron ao Che por autores como Víctor Jara, Pablo Neruda, Farruco Sesto, Silvio Rodríguez ou Atahualpa Yupanqui.
O Mañanceiro ofrece ligazóns a diversos medios na rede sobre o cabodano do Che e a outros artigos do mesmo blog, á páxina oficial de Ernesto Guevara, e inclúe imaxes e vídeos do guerrilleiro.
No país veciño, tamén se lembra a figura do Che Guevara. Por exemplo, no blog Chuviscos lémbrase a súa historia e anúnciase un acto de tributo para o 13 de outubro en São Mamede Infesta.
Máis no escáner de Vieiros sobre o Che Guevara: Corenta anos entre o ideal e a nostalxia.