Garzón ordea o ingreso no cárcere de Joseba Álvarez e da voceira de Askatasuna, Ohiana Agirre.
O conselleiro de Xustiza, Joseba Azkárraga, sinalou este venres que a detención masiva de dirixentes da esquerda abertzale está a causar unha “fonda preocupación” no propio executivo autónomo. Azkárraga sospeita que detrás destes arrestos pode haber unha clara motivación política: “Unha vez máis a Audiencia Nacional ponse ao servizo de intereses alleos á independencia que se lle debe supoñer a todo órgano xudicial”.
Ingresan na cadea dous dirixentes independentistas
Pola súa parte, o xuíz Baltasar Garzón ordeou o ingreso na cadea do dirixente de Batasuna Joseba Álvarez e da voceira de Askatasuna, Ohiana Agirre, baixo acusación de pertenza a “organización terrorista”.