Os membros da formación política vasca estaban reunidos para anovar a súa executiva.
O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón ordeou a detención da cúpula de Batasuna. A actuación policial tivo lugar mentres que dirixentes da organización política vasca estaban a celebrar na noite do xoves unha reunión en Segura (Guipuzkoa). Segundo as primeiras informacións, axentes da policía coñecían con antelación que ía producirse a xuntanza para anovar a dirección e tiñan controlado o inmóbel.
Entre os detidos figuran destacados dirixentes da esquerda independentista vasca como Joseba Permach, Rufi Etxebarría e Juan José Petrikorena. Todos foron conducidos a dependenciais policiais de Donosti onde pasaron a noite. Agárdase que o vindeiro domingo sexan trasladados até a Audiencia Nacional.
A actual Mesa Nacional de Batasuna esta conformada por 38 persoas. O seu voceiro, Arnaldo Otegui, permanece na cadea dende o pasado mes de xuño. Unha das primeiras organizacións vascas en pronuciarse foi Aralar. Esta formación cualificou as detencións de “barbaridade xudicial e política”.
Poden ampliar en Deia, Gara e El Correo.