Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A VIDA EN PRISIÓN NA REDE

Internet contra os muros de Teixeiro

O colectivo de presas Chicass10 publica un blog e un programa de radio no ciberespazo malia ter prohibido o acceso á rede no cárcere.

Redacción - 12:52 05/10/2007
Unha das imaxes do blog

Unha das imaxes do blog

"Quero ter unha vida normal, e é o que máis importante, ver vivir ao meu cativo e pasalo ben no parque (...) pois el está a pagar unha condena que é miña, sen ter feito nada, e iso faime sentir moi culpábel”. Así remata o último texto de Chicass10, un blog actualizado por un grupo de presas da cárcere de Teixeiro.

O blog é iniciativa de Nosotras Intramuros, un colectivo de axuda ás mulleres que cumpren condena. Segundo explica La Opinión, a súa fundadora, Pilar Mingote, ocúpase de subir á rede os textos en papel que lle remiten as internas. E é que vivir en Teixeiro implica, entre outras moitas limitacións, non poder ter acceso a internet.

Programa de radio
Ademais do blog, que mostra de primeira man ata que punto é dura a vida en prisión, Nosotras Intramuros edita unha revista -tamén titulada Chicass10- destinada e redactada polas presas. É máis, este colectivo de mulleres tamén gravou un programa de radio este verán na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

O “programa de mulleres contracorrente para xente corrente porque queremos, valemos e podemos” tamén se pode escoitar en internet, vía blip.tv.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: