Desde o activo acubillo cibernáutico d'
Unha Grande e Chea, sempre áxiles en ofrecernos a visión cambadesa da actualidade planetaria, reparan esta semana na polémica pola queima das fotos de El-Rei.     
  A rede aparece estes días chea de exemplos de mobilización internauta fronte á belixerancia xudicial cara a estes sucesos. No Youtube podemos ver por exemplo 
mozos de Girona queimando as fotos do monarca, a xeito colectivo ou 
individualmente. Tamén un comunicado queixándose de 
represión ao republicanismo. Baixo o título 
"A Audiencia dos nacionais", tamén atopamos un podcast que ao fío dos procesos contra os debuxantes de Deia e El Jueves por cadansúas viñetas humorísticas, pregúntase "que será o seguinte: autos de fe na Praza Maior? Acusacións xenéricas de antiespañolismo? Represión do comunismo e a masonería? Prohibición de linguas vernáculas e credos infieis a Roma?"     
  Con todo recomendámoslles remexer na ampla galería humorística xurdida a conto das sucesivas polémicas. Atopamos por exemplo "
Benvidos a borbonmanía, o programa para construír a túa propia monarquía", convida un imitador de El-Rei no extracto do programa de Buenafuente. Tamén na rede batemos coa creación "
We remember you, Mitrofan", en lembranza dun polémico episodio de caza protagonizado 
polo monarca e un plantígrado en terras romanesas. Outra extravagancia é o vídeo de 
Juan Carlos cantando a canción de Pokemon.