Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Rubén Cela, director xeral de Xuventude

"Chegou o momento de romper coa desgaleguización do tempo libre"

A Xunta promoverá unha iniciativa no marco da Lei Galega de Mocidade para superar a substitución lingüística nas actividades de lecer.

Redacción - 14:24 02/10/2007

O Goberno vai promover, no marco da Lei Galega da Mocidade que está a preparar, a creación dunha Escola Galega de Tempo Libre para axudar a voluntarios e profesionais dedicados a este ámbito a mellorar a súa formación e, tamén, para "romper" coa desgaleguización e superar as ensinanzas que aínda están vinculadas á época da Organización Juvenil Española (OJE).

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, informou este martes en Compostela da iniciativa que sinalou como "prioritaria" para o seu departamento en 2008, co obxectivo de dar "un salto a nivel galego e estatal" neste eido.

"Chegou o tempo de romper coa total desgaleguización no tempo libre", afirmou Cela, quen engadiu que en 2007, "debe estar superado o tempo en que os monitores ensinan cancións da OJE". Así, constatou que a futura escola de tempo libre levaría consigo o emprego de técnicas pedagóxicas "máis pegadas á realidade" e os monitores terían "acceso a formación continua e material de traballo".

O anuncio foi realizado no marco da presentación das xornadas galegas de actualización de coñecementos e intercambio de experiencias 'Interactuar no tempo libre', que reunirán dende o venres deica o domingo entre 100 e 200 participantes no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña).


4,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: