Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 15 de outubro

Os mineiros de Meirama irán á folga

A asemblea das empresas auxiliares da mina decidiu convocar o paro ante a falta de acordo sobre o seu futuro.

Redacción - 18:15 29/09/2007

Os preto de 200 mineiros das empresas auxiliares de Meirama decidiron este sábado en asemblea ir á folga dende o 15 de outubro. Á xuntanza acudiron representantes dos sindicatos CIG, CC OO e UGT, que afirmaron que apoiarían a decisión dos traballadores.

A convocatoria de paro formalizarase a comezos da vindeira semana. O presidente do comité da auxiliar Masa Galicia, Alejandro Barreiro, explicou que aos operarios non lles quedou máis remedio que acudiren á folga ante a inexistencia dun acordo que garanta o seu futuro laboral. A conca pechará o 31 de decembro.

Porén, os traballadores están dispostos a desconvocar a folga se antes do 15 de outubro se acada un acordo que lles garanta recolocacións ou prexubilacións.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: