Unha bomba dirixida contra un autobús do exército afgán matou cando menos 27 soldados en Kabul. O atentado, reivindicado polos talibán, é o segundo máis grave dos que se produciron en Afganistán dende o ano 2001.
Segundo as investigacións oficiais, o explosión, que deixou o vehículo partido pola metade, causouna un suicida vestido de uniforme militar que subiu ao autobús. O voceiro do ministerio de defensa Gen Zahir Azimi declarou á
BBC que outras 21 persoas sufriron feridas a consecuencia do estoupido.