Accións militares das forzas internacionais e afgás causan ducias de mortes todos os meses en Afganistán.
Colectivos como Human Rights Watch e Acbar documentaron ducias de mortes causadas por operacións militares en Afganistán onde a escusa de presuntas accións contra grupos rebeldes talibáns levou á morte de moitos civís. Do mesmo xeito, acusan ás guerrillas de seren responsábeis de ducias de asasinatos.
A propia misión da ONU en Afganistán fala de até 380 civís mortos e accións violentas durante os catro primeiros meses de 2007. A Axencia para a Distribución de Axuda Humanitaria en Afganistán acusa tamén de "uso desproporcionado da forza" á coalición militar internacional.