Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SENTENZA

Absolven a veciña das Encrobas denunciada por discutir cun garda civil

Acudira ao cuartel de Ordes para presentar unha denuncia contra Unión Fenosa e acabou no xulgado.

Redacción - 10:40 30/09/2007

María Pardo, veciña da parroquia cercendese das Encrobas, dirixiuse o pasado día 1 de xuño ao cuartel da Garda Civil para presentar unha denuncia contra a empresa Unión Fenosa. Ao igual que os seus veciños do lugar da Lousa, María Pardo quería facer constar por enésima vez a contaminación que sofren pola actividade industrial da central térmica.

Mais a denunciante acabou denunciada. Segundo a súa versión, o axente que tiña que recollerlle a denuncia avisouna de que esta “ía quedar nun caixón”. Pola súa parte, o garda civil denunciou á veciña acusándoa de terlle faltado ao respecto, e de charmarlle "larchán".

Agora o Xulgado de Ordes absolveu a María Pardo, unha veciña das Encrobas (Cerceda) que estaba acusada dunha falta “de respecto á autoridade” pola que o fiscal solicitaba 360 euros de multa. O xuíz fixo constar na sentenza que non era críbel a versión dos feitos que deu o axente.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: