A escritora exporá as súas reflexións baixo os lemas "Por unha nova estética da natureza" e "Sobre a maternidade no novo milenio".
Teresa Moure é unha das escritoras galegas actuais máis lida e premiada. Profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela, como ensaísta gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 con Outro idioma é posible e en 2005 publicou A palabra das fillas de Eva. Tamén foi galardoada como narradora co Premio Lueiro Rey 2004 por A xeira das árbores e co Premio Xerais de Novela 2005 por Herba Moura.
Este ano gañou o premio de teatro Rafael Dieste coa obra Unha primavera para Aldara e hai uns meses publicou en Xerais Benquerida catástrofe. Xusto este mes saíu do prelo da editorial a novela xuvenil A casa dos Lucarios.
Conferencias de Teresa Moure en Barcelona
"Por unha nova estética da natureza"
Xoves 4 de outubro ás 19.30
Sala de Professors, Edifici Josep Carner, 5º andar
Facultat de Filologia
c/ Aribau 2
"Sobre a maternidade no novo milenio"
Venres, 5 de outubro ás 19:30
Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison
c/ Sant Pere més Baix, 7