A autora, que exerceu de mantedora literaria nos Premios Xerais, obtén o premio por Unha primavera para Aldara, e publica Benquerida catástrofe, na mesma editorial.
Teresa Moure
A escritora monfortina Teresa Moure é a gañadora do XIII premio de teatro Rafael Dieste, que concede a Deputación da Coruña. A súa obra Unha primavera para Aldara, ambientada na época das loitas irmandiñas, acadou a unanimidade do xurado, que definiu a autora como “unha excelente narradora e autora teatral”. O premio está dotado con 6.500 euros, a publicación da obra e a súa representación por toda a provincia.
Teresa Moure está a ter unha semana moi atarefada. Despois de ter pronunciado o discurso de mantedora literaria dos Premios Xerais o sábado pasado, presentará, o mércores 13, o seu novo libro Benquerida catástrofe. Nel, cóntase o proceso de reconstrución da identidade sexual de dous personaxes. O acto será na Libraría Pedreira, en Compostela.
Por outra banda, o premio de composición musical Andrés Gaos, que tamén outorga a deputación coruñesa, recaeu este ano, na súa sétima edición, a Antoni-Ernest Sebastià Torrent, coa obra Angelus Novus.