Un pesqueiro que se atopaba na zona recuperou o corpo sen vida da muller.
A primeira hora da mañá deste xoves unha mariscadora, Antonia García Lamelas, de 64 anos de idade, perdeu a vida cando faenaba na zona exterior do porto de Morás (Xove). Segundo os primeiros datos, o accidente tivo lugar pouco despois das oito da mañá, cando a mariscadora extraía percebe. Un pesqueiro que se atopaba na zona recuperou o corpo.