Compostela acolleu a I Masa Crítica Galega na que participaron preto de 200 persoas.
Deixar, aínda que só sexa por unhas horas os automóbiles, e percorrer as rúas en bicicleta foi o xeito de celebrar o Día Europeo sen Coches. No noso país o acto central tivo lugar en Compostela, onde se celebrou a I Masa Crítica Galega cunha concentración de preto de douscentos ciclistas que partiron da Alameda e percorreron a cidade. Posteriormente celebraron un xantar colectivo no Parque de Bonaval
Deste xeito, quíxose chamar a atención sobre a necesidade de limitar o uso de coches e motos nos desprazamentos en cidades e vilas. Os promotores defenden a bicicleta como un bo xeito de desconxestionar o tráfico urbano e á mesma vez de comprometerse co medio ambiente.