Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Deturpación e castelanización

A Confederación Hidrográfica corrixirá os erros toponímicos da súa web

Porén, o castelán seguirá a ser o idioma "prioritario" como até o de agora.

Redacción - 11:50 21/09/2007

A Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) anunciou esta quinta feira que na nova versión da súa web corrixirá todos os topónimos galegos errados na antiga edición anterior e que non concordan coa normativa lingüística vixente.

Segundo informou o Ministerio de Medio Ambiente español, "a reforma cumprirá todos os requisitos legais estabelecidos pola lexislación dos idiomas cooficiais" do Estado español.

A CHN lamentou os "inconvintes" que esta situación puidese ter causado e atribuíulle as incorreccións á utilización de documentación histórica "propia do organismo", que está "próximo a cumprir 50 anos" de existencia.

Ademais, alegou que os erros tamén derivan do "uso material alleo ao organismo", como documentación xeográfica e topográfica que "non foron obxecto dunha axeitada revisión" polos seus autores.

Por último, a CHN recordou que o español seguirá a ser o idioma "prioritario" da nova web como até o de agora, mais que isto "non entrará en contradición" coa "rigorosidade" da toponimia oficial, que se coidará "ao máximo".


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ámbito de actuación da CHN
Ámbito de actuación da CHN