Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
a polo diálogo

ADEGA e o SLG propoñen unha mesa para tratar da ZEPA da Limia

ADEGA e o SLG (Sindicato Labrego Galego) propoñemos á administración unha mesa de negociación cos sindicatos agrarios e os ecoloxistas para analizar a problemática da Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) na Limia. Os obxectivos desta mesa de negociación deben ser coñecer polo miúdo as implicacións que esta ZEPA terá para a comarca da Limia e buscar a compatibilización da protección das aves cos intereses dos labregos e das labregas. Na foto, un sisón (Tetrax tetrax), ave da Limia en perigo de extinción.

ADEGA, SLG - 11:20 20/09/2007
Tags:

ADEGA e o SLG consideran que a mesa de negociación é a vía máis racional para atender as demandas dos labregos e das labregas e achegar a información necesaria para resolver o conflito.

ADEGA considera que é necesario que a administración faga todos os esforzos posíbeis por comprometer á poboación na conservación dos valores naturais da Limia, e particularmente por informar sobre as características e implicacións das zonas ZEPA. As ZEPAS dispoñen dun Plano de Ordenación dos Recursos Naturais que se pode adaptar ás necesidades, características e problemática de cada espazo concreto. Lonxe de ser algo ríxido esta ordenación é flexíbel e busca adaptarse ás características de cada área garantindo os usos e as actividades sustentábeis que sexan compatíbeis coa conservación da ZEPA.
ADEGA e o SLG esixen tamén que a administración propoña iniciativas e fixen os orzamentos para a promoción das actividades compatíbeis coa ZEPA, e deste xeito de estimular posibilidades de desenvolvemento que conleva a agricultura nas zonas protexidas que acrescenta as garantías de calidade e respeto medioambiental e o valor engadido de produtos ecolóxicos cada vez máis demandados.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: