Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O grupo téxtil superou previsións

Inditex gañou 393 millóns no primeiro semestre do ano

O que supón un 33% máis de beneficios para Amacio Ortega e o seu grupo. O cadro de persoal da empresa xa chega a 72.377.

Redacción - 10:29 19/09/2007
Unha tenda de Zara en Hong Kong

Unha tenda de Zara en Hong Kong

O grupo téxtil deu a coñecer a comezos desta semana que as súas vendas medraron no primeiro semestre -de febreiroa xullo-, un 19%, até 4.124 millóns de euros, grazas á apertura de novas tendas e do renovado pulo do consumo no mercado doméstico.

O resultado bruto de explotación (EBITDA) do grupo mellorou un 29% até os 782 millóns de euros. As previsiones dos analistas apuntaban a un crecemento do 18,1% das vendas e un aumento do 25,6% do EBITDA.

Tamén medraron as vendas fóra do estado
As vendas nas tendas situadas fóra do estado español eleváronse até o 62% do total, fronte ao 60% do mesmo período do ano pasado. Europa, exceptuando o estado español, consolídase como a rexión con máis peso nas operacións do grupo, copando un 41% das vendas totais.

Inditex ten agora 3.336 estabelecementos das súas oito marcas esparecidos por 66 países, e neles téñense xerado, no último ano, uns 10.109 postos de traballo, chegando o seu cadro de persoal, en todo o mundo, a 72.377 empregados.

Especial incidencia nos mercados europeos e asiáticos
Nestes seis meses, o grupo presidido por Amancio Ortega seguiu expandíndose en liña coa súa estrategia: incrementar a presenza comercial en todas as áreas, cunha especial incidencia nos mercados europeos e asiáticos. Neste sentido, esta ano Ortega abriu a primeira tenda Zara en Beijing, en febreiro deste ano, e chegou ao mercado francés con Zara Home.

A consecuencia de todo isto é que as accións do grupo subiran xa na mañá da cuarta feira un 5,25%, aos poucos minutos de se abrir a bolsa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: