O concello cualifica os feitos de “moi graves” e anuncia unha investigación a fondo.
O río Catasol, en Melide, sufriu a semana pasada un grave vertido que matou alomenos 3.000 troitas. Todo apunta a que a contaminación se debeu ás emisións duha granxa porcina. Dende o goberno local, que preside a nacionalista Socorro Cea, tildan de “moi grave” o sucedido e insisten en que investigarán a fondo o sucedido, xa se entrevistaron co delegado provincial de Medio Ambiente.
No encontro tamén estiveron presentes membros da Asociación Río Furelos, que durante a pasada semana recorreron todo o río. O presidente deste colectivo de troiteiros, Xavier Pazo, cre que o cauce vai tardar máis de tres anos en recuperarse.
Os colectivos ecoloxistas lembran tamén que as emisións de xurros e abonos aos ríos galegos seguen a ser, canda os vertidos industriais, os principais problemas de contaminación fluvial no país.