Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR PRESUNTOS DELITOS URBANÍSTICOS

Piden 8 anos de inhabilitación para o goberno que rexía A Estrada en 1993

O xuízo, que comeza a vindeira semana, chega cando xa só queda en activo un dos 9 membros daquel executivo.

Redacción - 12:05 14/09/2007

En 1993 o BNG da Estrada denunciaba ao goberno municipal, presidido por Ramón Campos (PP), pola concesión de licenzas urbanísticas que consideraban claramente ilegais. Catorce anos despois vai dar comezo o xuízo. Dos nove membros do executivo local denunciados só queda un na política activa mentres que outros dous xa finaron. Aos demais pouco lles pode afectar unha posíbel inhabilitación de oito anos, que é o que solicita a Fiscalía, ademais de 18 meses de multa económica.

A acusación pública coida que hai evidencias das ilegalidades urbanisticas. Así, o goberno local tería aprobado unha serie de chalés, a pesar de que os informes técnicos eran negativos. A isto hai que sumar outro edificio que se autorizou a pesar de contar con máis pisos de altura dos permitidos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: