Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Os fondos comunitarios estarán máis controlados

Crean unha comisión que velará pola coherencia entre os cartos da UE e as políticas da Xunta

Os fondos e políticas da UE complementaranse agora cos instrumentos financeiros da Xunta, tamén nas relacións entre consellarías e coa empresa privada.

Redacción - 09:12 14/09/2007

O Consello da Xunta aprobou a quinta feira de mañá a creación da Comisión de Coordinación de Fondos Comunitarios que vai servir como instrumento para que o Goberno coordine os fondos estruturais e sectoriais da UE, de xeito que se complementen cos obxectivos establecidos no Mecega -o Marco Estratéxico de Converxencia Económica de Galicia 2007-2013.

Esta comisión vai ter un carácter consultivo para a Consellaría de Economía e Facenda -á que vai estar adscrita-, e vai contar con membros das consellarías do Medio Rural, de Traballo e de Pesca.

As funcións da nova comisión

Esta nova entidade deberá velar pola coherencia dos fondos coas actividades e políticas da UE cos instrumentos financeiros da Xunta, cos que se deben, ademais, complementar.

Tamén debe supervisar os programas operativos e elaborar e proporlle ao conselleiro de Economía os procedementos de coordinación entre a política autonómica e as políticas sectoriais de cada unha das consellarías. A Comisión tamén debe estabelecer as relacións entre as operacións apoiadas polos Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), o Fondo Social Europeo (FSE) e as apoiadas por outros instrumentos comunitarios, como o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ou o Fondo Europeo de Pesca (Fep).

A coordinación desta comisión tamén se vai estender á elaboración doutros planes financeiros máis complexos e ás asociacións do Goberno Galego con entidades privadas.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: