Catorce empresas de diferentes puntos do Estado xúntanse para protexeren os seus intereses.
O negocio inmobiliario non pasa polos mellores momentos. Ao estancamento progresivo da demanda de vivendas súmanse os escándalos urbanístos e unha cada vez peor imaxe social deste sector. Por iso, catorce grandes inmobiliarias de diferentes puntos do Estado Español veñen de unirse nunha asociación para lograr “incrementar a confianza” dos cidadáns.
Empresas como Colonial, Metrovacesa, Sacyr Vallehermoso, Fadesa, Nozar, Reyal Urbis ou Rayet conforman o núcleo duro desta nova asociación, que presidirá Fernando Martín, actual propietario de Fadesa. Estes emporios son conscientes de que hai a percepción da fin dun ciclo mais aínda así din que queren “explicar as excelencias do sector e incrementar a confianza no mercado inmobiliario español”. Poden ampliar a información no xornal económico Cinco Días.