Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO CONSELLO DA XUNTA

Apróbase o decreto que regula o recoñecemento da situación de dependencia

O texto recolle o procedemento para recoñecer estes casos e o acceso aos servizos e ás prestacións económicas do sistema galego de atención á dependencia.

Redacción - 17:32 06/09/2007

Estabelece, tamén, a composición e as funcións dos órganos competentes para a valoración das persoas nesta situación, e sinala os requirimentos que deben reunir: atopárense en situación de dependencia nalgún dos graos estabelecidos na lei; teren acreditada a residencia en territorio español durante cinco anos (e cando menos dous inmediatamente anteriores á presentación da solicitude) e residiren actualmente en calquera municipio galego.

Tamén os emigrantes retornados poderán acceder aos servizos e prestacións mentres non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español.

En canto ás competencias, será departamento autonómico encargado de servizos sociais o que tramite os procedementos para o recoñecemento da situación de dependencia e, de ser o caso, o dereito ás prestacións. Poden ter natureza de servizos ou de prestacións económicas, mais é prioritaria a primeira. Só no caso de non ser posíbel, recorrerase á prestación económica. Por outra banda, as entidades locais de Galicia participarán na xestión dos servizos de atención á dependencia.

Como é o procedemento


O texto estabelece tamén a composición e as funcións dos órganos de valoración e asesoramento, formados por profesionais da área social e sanitaria: cada un deles debe estar integrado, como mínimo, por un médico, un psicólogo e un traballador social.

En canto ao procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, comeza por unha instancia da persoa interesada: logo de presentar unha solicitude seguindo o modelo normalizado e achegando a documentación necesaria, comeza o proceso de valoración.

Este remata cunha resolución que determinará o grao e nivel de dependencia da persoa solicitante e os servizos ou as prestacións que lle corresponden, e desenvolverase, a seguir, un programa individual de atención. Tamén son explicados no decreto os recursos que se poderán interpor e as causas válidas para solicitar unha revisión.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: