Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito laboral

Un xulgado recoñece que o IGI pertence a Sargadelos

A sentenza certifica que a empresa é a responsábel dos soldos dos empregados do instituto, que levan sen cobrar dende febreiro.

Redacción - 12:28 06/09/2007


Visualizar o mapa ampliado

Unha sentenza xudicial recoñeceu a vinculación entre o Instituto Galego da Información (IGI) e o Grupo Sargadelos. Os trece empregados do centro levan dende febreiro sen cobraren os seus salarios. Sargadelos deixou de pagar os soldos e os recibos do IGI por considerar que o instituto era responsabilidade de Isaac Díaz Pardo.

Segundo informa o xornal Galicia Hoxe, as nóminas deixaron de chegarlles aos empregados do IGI en febreiro, cando Santiago Sineiro substituíu a Díaz Pardo á fronte de Sargadelos. Nese mesmo momento, deixáronse de pagar as facturas da luz, a auga e o teléfono. Aínda así, a empresa evitou que se acumulasen tres meses sen salario para evitar o delito de impago. Os traballadores encargáronse de pagar os recibos coas axudas que reuniron entre todos.

Os empregados non poden deixar de acudir ao traballo, pois a empresa podería despedilos por incumprimento de contrato, sen indemnización, o mesmo que se renuncian ao seu posto. Unha traballadora acudiu aos tribunais para solicitar a rescisión de contrato por incumprimento da empresa. Malia que non se lle concedeu a rescisión, a sentenza recoñece que o IGI pertence a Sargadelos.

Agora, os traballadores do instituto, situado en San Marcos (Compostela) só ven dúas posíbeis saídas á súa situación: que a empresa os despida formalmente ou que Isaac Díaz Pardo recupere o control do grupo de empresas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: