O operario desaparecido traballaba nun cerqueiro con base en Cambados.
Salvamento Marítimo busca dende primeiras horas da madrugada un mariñeiro que caeu ao mar ao norte de Corrubedo. O traballador, Rigoberto Quesada, de 40 anos e nacionalidade peruana, estaba traballando no cerqueiro Seixo III, que ten a súa base en Cambados.
Varios pesqueiros da zona mostraron de contado súa solidariedade e saíron ao mar para axudarlle aos servizos de emerxencias nas tarefas de busca.